15Mpedia:About/gl

De 15Mpedia
Saltar a: navegación, buscar
Translations: Aragonés 100 percent.svg · العربية 100 percent.svg · Asturianu 100 percent.svg · Català 100 percent.svg · Deutsch 100 percent.svg · Ελληνικά 100 percent.svg · English 100 percent.svg · Español 100 percent.svg · Euskara 100 percent.svg · Estremeñu 100 percent.svg · Français 100 percent.svg · Galego 100 percent.svg · Italiano 100 percent.svg · Português 100 percent.svg · Pусский 100 percent.svg · Türkçe 00 percent.svg
Puerta del Sol de Madrid el 20 de mayo de 2011.

15Mpedia é unha enciclopedia libre sobre o 15M e forma parte do proxecto 15M.cc. As súas normas e piares son semellantes aos da Wikipedia:

  • 15Mpedia é unha enciclopedia.
  • 15Mpedia procura o «punto de vista neutral». Isto require ofrecer a información desde todos os ángulos posibles, presentar cada un dos puntos de vista de forma precisa, dotar de contexto os artigos para que os lectores comprendan todas as visións, e non presentar ningún punto de vista como «o verdadeiro» ou «o mellor». Isto implica citar fontes autorizadas que poidan verificarse sempre que sexa posible, especialmente nos temas polémicos.
  • 15Mpedia é de contido libre. Todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir Igual (CC-BY-SA).
  • 15Mpedia segue unhas normas de etiqueta. Respecta aos teus compañeiros 15Mpedistas mesmo cando non esteas de acordo con eles. Compórtate civilizadamente. Evita os ataques persoais e as xeneralizacións. Mantén a calma cando se crispen os ánimos.
  • 15Mpedia non ten normas firmes máis aló dos cinco principios xerais enunciados aquí. Sé valente creando, trasladando e modificando artigos.

Para entender mellor as implicacións destes piares, podes ler «O que 15Mpedia non é».